Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pide o cesamento de Óscar Puente por chamar "saco de merda" a Vito Quiles

O PP pide o cesamento de Óscar Puente por chamar "saco de merda" a Vito Quiles

O ministro de Transportes respondía así ao colaborador de Alvise Pérez, quen o sinalara por empregar o seu coche oficial para ir a un concerto, feito negado por Puente, quen ademais o acusa de difundir a matrícula dun coche policial

Imaxe do chío do ministro Imaxe do chío do ministro
G24.gal 17/06/2024 10:25

O PP esixiu este luns o cesamento urxente do ministro de Transportes e Mobilidad Sostible, Óscar Puente, por chamar "saco de merda" a Vito Quiles, colaborador de prensa de Se acabó la fiesta (SALF), a formación de utradereita de Alvise Pérez, a quen acusa de mentir por publicar que o ministro aparcara mal o coche oficial para irse de concerto.

Tras negar o ministro que fose o seu coche e acusar a Quiles de mentir con esa información, Quiles mostrou este domingo, na rede social X, dúas fotos en que se ve a Puente diante do que di que é o seu coche, nunha, e o mesmo vehículo coa matrícula enteira, noutra, coa seguinte mensaxe": "Quen mentía, ministro? Xaque mate".

Pouco despois, o ministro respondeulle, na mesma rede social, coa seguinte mensaxe: "Voucho volver explicar, saco de merda. Ese non é o meu coche. Nin oficial nin particular. E engádoche máis. Estás a difundir a matrícula dun vehículo policial. Vou encargarme persoalmente de que o pagues caro".

Unha mensaxe que levou o portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, a responder así a Puente: "Comigo non se atreve a tanto como cun mozo xornalista. Meterse con alguén máis débil é de covardes. Se encima es ministro, ao abuso únese unha profunda desvergoña. Mañá, este señor debería estar a recoller o seu despacho. Isto non ten un pase, nin sequera para Sánchez".

Tamén Vito Quiles respondeu a Puente coa seguinte mensaxe: "Un ministro do Goberno de España ameazándome gravemente e chamándome saco de merda. Abriuse a veda".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade