Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pide un informe xurídico sobre a cesión de deputados a ERC e Junts para que formen grupo propio

O PP pide un informe xurídico sobre a cesión de deputados a ERC e Junts para que formen grupo propio

PSOE e Sumar prestan temporalmente deputados para que os cataláns cumpran cos requisitos

Elías Bendodo cualifica o movemento de "cambalache"

G24.gal 25/08/2023 14:46

A pesar de que ERC e Junts non cumpren os requisitos, si terán grupo propio nesta lexislatura grazas ao PSOE e a Sumar, que lles prestan temporalmente uns deputados.

Elías Bendodo, coordinador xeral do PP, anunciou que o seu partido vai pedir un informe xurídico "para valorar a validez e legalidade desta decisión de cambalache do PSOE con outros partidos para formar grupo parlamentario".

Será o próximo luns cando a Mesa do Congreso, de maioría progresista, confirme todos os grupos, o mesmo día en que Alberto Núñez Feijóo inicia a súa rolda de contactos para conseguir eses catro votos que lle faltan para a investidura.

Os populares exclúen das conversas a EH Bildu, pero non os independentistas cataláns. Segundo Elías Bendodo, coordinador xeral do PP, "falar con todos ou case todos non significa que vaiamos negociar e pactar con todos, nin moito menos significa tragar con todo".  Asegura que o PP é "un partido de Estado" e que "todo o mundo coñece as liñas vermellas do PP".

ERC rexeita reunirse cos populares e Junts aínda non se pronunciou. Si que respondeu o PSOE ás constantes apelacións que lle fai o PP. Os socialistas non van facilitar a investidura de Feijóo. Para Guillermo Fernández Vara, secretario xeral do PSOE de Estremadura, "non se pode estar durante unha morea de anos insultando o presidente do Goberno e o conxunto dos socialistas, chamándonos ilexítimos, ocupas, chamándonos de todo... e agora, cando se encontra coa crúa realidade, acoden aos de sempre, aos que eles nunca axudaron cando se deron as mesmas circunstancias". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade