Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP propón un permiso de 26 semanas por nacemento nas familias monoparentais

O PP propón un permiso de 26 semanas por nacemento nas familias monoparentais

Alberto Núñez Feijóo afirma que todas as familias collen no seu partido

A ministra Pilar Alegría pídelle ao PP que antes concilie o que defende co que vota e aplica

Feijóo, este sábado, nun mitin en Zaragoza
G24.gal 28/09/2024 18:59 Última actualización 28/09/2024 20:37

Alberto Núñez Feijóo revelou este sábado novas medidas da proposición de lei de conciliación que o Partido Popular vai rexistrar os próximos días no Congreso. Unha delas é a ampliación a 26 semanas de permiso por nacemento do fillo para as familias monoparentais.

"Todas as familias collen no noso partido porque somos un partido popular, en caso das familias monoparentais comprometémonos a incrementar os permisos ata as 26 semanas e terán un título específico das administracións públicas como teñen as numerosas".

A ministra Pilar Alegría dálle a benvida ao debate pero lembra que os populares votaron en contra de numerosas medidas, incluída a de igualar os permisos de paternidade e maternidade.

"Para propoñer medidas sobre a conciliación o primeiro que hai que facer é conciliar o que dis co que despois votas e coas políticas que aplicas. Dígoo porque se unha mira o que están facendo as distintas comunidades autónomas gobernadas polo PP en materia de conciliación desde logo no casan co argumento que agora intentan trasladarnos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade