Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP sube 14 puntos e gaña en Galicia e o BNG mantén o escano de Miranda

O PP sube 14 puntos e gaña en Galicia e o BNG mantén o escano de Miranda

Rueda suliña que superaron a suma de votos de socialistas e nacionalistas

Pontón cre que o resultado demostra que o BNG é unha forza en ascenso

Besteiro valora positivamente o resultado dos socialistas, "case un empate" co PP

G24.gal 09/06/2024 23:51 Última actualización 10/06/2024 10:40

O PP foi o partido máis votado nas eleccións europeas en Galicia, cun 43,62 % dos votos, o cal supón 16,6 puntos máis que o PSOE, que obtivo o 27,01 % das papeletas, tras un descenso de 8 puntos. A terceira forza máis votada foi o BNG-Agora Repúblicas, co 16,13 % dos apoios, 4,33 puntos máis que hai cinco anos, co que Ana Miranda conseguiu o escano propio no Parlamento europeo que os nacionalistas galegos non tiñan desde 2009.

Os populares subiron case 14 puntos con respecto ás eleccións europeas de 2019, ao conseguir 486.106 votos, co 99,9 % escrutado, mentres que o PSOE queda con 301.007 e o BNG con 179.788.

O líder dos populares galegos Alfonso Rueda manifestou a súa "enorme alegría" por estes resultados e deu as grazas ao case 44 % dos galegos que "volveron confiar no PP de Galicia". Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez serán os dous populares galegos con asento na Eurocámara.

O PP conseguiu case 500.000 votos, co que supera os dous partidos da oposición xuntos, BNG e PSdeG; "unha gran vitoria".

A voceira nacional do BNG aseguraba logo de coñecer os resultados que son os mellores dos nacionalistas en 20 anos nestes comicios. Considera que son unha forza en ascenso que vai permitir que Galicia teña voz propia en Europa da man de Ana Miranda, que revalida escano.

A primeira valoración dos líderes galegos chegaba da man do secretario xeral do PSdeG-PSOE, que volve sentar na Eurocámara a Nicolás González Casares. Xosé Ramón Gómez Besteiro considera que a candidatura socialista logrou "un gran resultado" que é "case un empate" co PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade