Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente catalán, reunido co seu equipo para analizar a situación de goberno

O presidente catalán, reunido co seu equipo para analizar a situación de goberno

O Govern non fará ningunha valoración pública, á espera de que a cúpula de JxCat se pronuncie 

G24.gal 07/10/2022 18:42 Última actualización 07/10/2022 18:47

O presidente catalán, Pere Aragonès, atópase reunido co seu equipo de confianza no Palau da Generalitat para analizar a decisión de JxCat de romper o executivo de coalición independentista,e  para examinar todas as opcións que se abren a partir de agora.

Por agora, o Govern non fará ningunha valoración pública, á espera de que a cúpula de JxCat se pronuncie en conferencia de prensa esta tarde.

Despois, non se descarta unha comparecencia do mesmo xefe do Executivo.

De feito, nos últimos días, un equipo formado polo núcleo de confianza do presidente catalán, tanto no Govern como en ERC, mantiveron reunións constantes para analizar todos os escenarios posibles, e así poder reaccionar con rapidez, fose cal fose a decisión final de JxCat. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade