Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente chinés convida a Sánchez en pleno intento de mediación na guerra de Ucraína

O presidente chinés convida a Sánchez en pleno intento de mediación na guerra de Ucraína

O presidente español, centrado na súa axenda internacional polo semestre europeo, viaxará a Pequín o 30 e 31 deste mes

G24.gal 23/03/2023 11:19

O ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática Félix Bolaños afirmou que Sánchez transmitirá o seu desexo de que o conflito remate, Rusia recoñeza a agresión inxustificada e por tanto volva á situación previa ao inicio do conflito, hai máis dun 
ano.

Ademáis, dixo, servirá para fortalecer as relacións bilaterais entre ambos os estados, para explicar a visión da Presidencia española da UE e tamén para fortalecer a relacións económicas entre empresas españolas e empresas chinesas que queiran investir.

O ministro de Exteriores José Manuel Albares afirmou que a xuntanza demostra a importancia e o peso internacional de España e a súa diplomacia", máis se cabe cando Sánchez está "a punto" de exercer como presidente de quenda do Consello Europeo durante o segundo semestre do ano.

Albares subliñou que a China é unha gran potencia demográfica, económica e militar, pero sobre todo quixo destacar a súa posición como membro permanente do Consello de Seguridade da ONU, xa que é o órgano encargado de velar pola paz, a seguridade e a estabilidade mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade