Cargando resultados...
Pere Aragonès reinvindica unha Cataluña independente dentro do que chama Estados Unidos de Europa
Pere Aragonès reinvindica unha Cataluña independente dentro do que chama Estados Unidos de Europa
O presidente da Generalitat reclama que na próxima década se celebre un referendo pactado co Estado
G24.gal
30/08/2022 20:55
Última actualización 30/08/2022 21:50
O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, reivindicou en París que se recoñeza a independencia de Cataluña no marco federal do que chamou Estados Unidos de Europa.
Aragonès reclamou que na próxima década se poida facer un referendo pactado co Estado.
"Queremos a independencia de Cataluña porque pensamos que é a mellor maneira de xestionar a sociedade catalá, que é diferente á española. Non é nin mellor nin peor, pero hai que recoñecerlle a súa singularidade", asegurou.