O presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol acordan colaborar en proxectos prioritarios para a cidade
O presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol acordan colaborar en proxectos prioritarios para a cidade
O presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol acordan colaborar en proxectos prioritarios para a cidade
Coa reunión con Ángel Mato, Alfonso Rueda rematou os encontros cos alcaldes das cidades
O presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol quedaron en colaborar no saneamento do rural, reparar as instalacións deportivas e crear máis solo industrial. Tamén hai acordo en promover a creación dun clúster da industria de defensa con sede na cidade departamental e a candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade.
"A entrevista foi cordial, estivemos traballando e falando de toda a problemática que ten a cidade de Ferrol e quero agradecer o trato", di Ángel Mato, alcalde de Ferrol.
O presidente da Xunta subliña que tanto co rexedor ferrolán como cos outros cinco, os encontros coinciden no tempo coa tramitación dos orzamentos.
"Os presupostos entrarán en vigor o 1 de xaneiro polo que é posible despois de falar cos alcaldes e alcaldesas facer previsións orzamentarias que sexan executivas inmediatamente. Creo que é moi útil. E quero facer un balance positivo, polo menos pola miña parte, pola Xunta de Galicia, das reunións e por suposto desta última", afirma Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
Rueda e Mato reclaman un ferrocarril de calidade entre A Coruña e Ferrol. No que non hai acordo é na exención do IBI para o complexo hospitalario.