Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Chile acusa de fraude a Maduro

O presidente de Chile acusa de fraude a Maduro

Continúa a crise aberta polos resultados das últimas eleccións en Venezuela

A Arxentina recoñeceu a Edmundo González Urrutia como gañador

G24.gal 08/08/2024 14:36

O presidente de Chile pronunciouse con rotundidade sobre os resultados electorais en Venezuela. "Chile non recoñece o autoprclamado triunfo de Nicolás Maduro, que intenteou cometer un fraude", dixo Gabrie Boric. 

A República Arxentina, a través dun comunicado, recoñece como gañador a Edmundo González Urrutia, e condena os cargos contra el. Critican as detencións que consideran arbitrarias. Chile fala de violacións dos dereitos humanos.

González Urrutia non se presentou no Tribunal Supremo e fixo un chamamento á sensatez e buscar o diálogo. Os seus aliados volveron reclamar que se fagan públicas as actas dos resultados electorais. O propio Urrutia recoñecía a importancia do apoio chegado doutros países.

Maduro rexeita inxerencias estranxeiras: "Aquí deciden as institucións venezolanas, aquí quen decide son os venezolanos", dixo. 

Algunhas ONG falan dunha vintena de falecidos e máis de 2.000 detidos nas protestas dos últimos días en Venezuela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade