O presidente de En Colectivo confía en que o 2025 será o ano da AP-9 sen peaxes
O presidente de En Colectivo confía en que o 2025 será o ano da AP-9 sen peaxes
Cre que o Goberno ten unha oportunidade única para anular a ampliación da concesión
Bruxelas enviou dos requerimentos por incumprimento da normativa comunitaria
O presidente da Asociación En Colectivo. Diego Maraña, está convencido de o 2025 será por fin o ano en que desaparecerá a peaxe da AP9. A pesar das ultimas declaracións do ministro Óscar Puente sobre os 4.000 millóns que custaría o rescate, na asociación aseguran que o goberno ten unha oportunidade única se acepta os emprazamentos da comisión europea nos que reitera que non se cumpriu a lei á hora de ampliar a concesión ata o 2048.
O presidente da asociación que leva máis anos loitando pola gratuidade da AP-9 non entende o pesimismo do ministro de transportes sobre o complicado que sería a transferencia desta vía.
Diego Maraña explica que o rescate é unha cuestión de vontade política do Goberno, pero a legalidade da concesión non, e lembra que a comisión europea xa estableceu que se incumpriu a lei ao ampliala sen concurso público. Na asociación tampouco entenden de onde saen os 4.000 millóns que segundo o ministro custaría o rescate
"Dá igual o importe da indemnización, dá igual as consecuencias, cando estamos falando de seguir pagando unha autoestrada ata o 2048 cando está cuestionada a súa legalidade pola Comisión Europea grazas á denuncia que puxemos en 2019".
A asociación non coñece a resposta do Goberno aos dous requirimentos de Bruxelas, pero confía en que o 2025 sexa o ano en que desaparecerá a peaxe da AP9
"Por que? porque mellor oportunidade que a que ten agora o Goberno nas mans... Tan sinxelo como aceptar o incumprimento nesta segunda carta de emprazamento o que suporía autoestrada de balde para todos os galegos, pero outra vez o Goberno se opón e non ten transparencia para os cidadáns galegos do contido desa oposición pois teremos autoestrada ata o 2048 como un imposto máis nas arcas dos orzamentos familiares e das empresas de Galicia".