Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Portugal, Rebelo de Sousa descarta disolver o Parlamento

O presidente de Portugal, Rebelo de Sousa descarta disolver o Parlamento

A posible disolución da cámara lusa concibiuse por mor da crise desatada como consecuencia do escándalo suscitado nas aeroliñas TAP

Marcelo Rebelo de Sousa, presidente de Portugal Marcelo Rebelo de Sousa, presidente de Portugal
G24.gal 04/05/2023 21:20

O presidente de Portugal, o conservador Marcelo Rebelo de Sousa, descartou este xoves disolver o Parlamento e convocar eleccións anticipadas pola crise política que o mantén enfrontado co primeiro ministro, o socialista António Costa, despois de que este se negase a prescindir dun ministro.

Rebelo de Sousa sinalou nunha mensaxe á nación que, a pesar das diverxencias co primeiro ministro, preferiu "garantir a estabilidade nacional" e descartar escenarios que impliquen ir ás urnas, aínda que avisou de que estará "máis atento" á "responsabilidade política" dos gobernantes.

Máis atento

Aínda así, avisou de que estará "máis atento e interveniente" no día a día para garantir a "responsabilidade política" dos gobernantes. "Espero poder contar coa sensatez, o sentido de Estado e o patriotismo de todos", insistiu nun duro discurso.

"Responsabilidade é máis que pedir desculpas", e o problema "non desaparece dicindo que xa pasou, nunca pasa", afirmou. A confrontación entre o presidente e o primeiro ministro xurdiu por mor dunha nova polémica con TAP.

Rebelo de Sousa xa manifestara que non estaba de acordo coa decisión de Costa de manter en funcións o ministro de Infraestruturas João Galamba, salpicado por unha nova polémica pola aeroliña TAP. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade