Ucraína asegura que "os europeos están a un paso dun desastre radiactivo"
Ucraína asegura que "os europeos están a un paso dun desastre radiactivo"
Na súa comparecencia habitual, Volodomir Zelenski, volveu condenar a actuación de Rusia sobre a central nuclear de Zaporijia
O ministro de Exteriores ucraíno fala dunha ameaza de incidente nuclear "moi alta"
A situación da central nuclear de Zaporijia, a máis grande de Europa, é "extremadamente perigosa" e mentres Rusia estea nas súas instalacións a ameaza de incidente nuclear é "moi alta", insistiu o ministro de Asuntos Exteriores de Ucraína, Dmytro Kuleba.
Así o subliñou Kuleba nunha conferencia de prensa conxunta co seu colega italiano, Luigi Dei Maio, en Kiv, informaron medios locais.
Un incendio provocou onte a desconexión da última liña que conectaba a central nuclear de Zaporijia co sistema de enerxía de Ucraína, segundo un comunicado da empresa ucraína Energoatom.
O incendio, nos pozos de cinza da central, xerou en dúas ocasións a desconexión da última liña de conexión. Outras tres liñas fora danadas anteriormente por accións que a empresa cualificou de "ataques terroristas".
Segundo Kuleba, "mentres Rusia estea na central nuclear de Zaporijia, a ameaza dun incidente nuclear será moi alta", segundo publicou Ukrinform.
No seu habitual discurso, o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, asegurou a noite do xoves que Rusia, coa súa actuación na central nuclear de Zaporijia, puxo a Ucraína e a todos os europeos "a un paso dun desastre radiolóxico". (Axencia EFE)