O prezo da cesta da compra non nota a baixada do IVE
O prezo da cesta da compra non nota a baixada do IVE
A eliminación do IVE en determinados alimentos básicos segue sen notarse no prezo da cesta da compra de moitas familias
Dende o 1 de xaneiro o Goberno suprimiu este imposto no pan, as fariñas, os queixos, o leite, ovos, verduras e froitas
Os consumidores aseguran que o prezo dos alimentos é o dobre de caro que hai un ano
Facer a compra segue sendo moi caro a pesar dos esforzos do Goberno para reducir o prezo nos alimentos básicos.
A eliminación do IVE, do 4 ao 0 % en produtos básicos coma o pan, os lácteos, os ovos as froitas e as verduras, non se está notando na economía das familias.
A medida, que tamén reduce nun 5 % o IVE nas pastas e nos aceites de oliva, entrou en vigor a primeiros de ano.
Os prezos soben cando se dan varios factores: a colleita, os custos, as rupturas da cadea de subministración e agora tamén a guerra.
Esta eliminación ou baixada do IVE nos alimentos permanecerá en vigor ata o 30 de xuño, aínda que se a taxa interanual da inflación subxacente baixa, a súa vixencia será ata maio.
Tempo no que non se poderán subir os prezos, malia que para moitas economías, xa están demasiados altos.