Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo da cesta da compra sobe un 30 % en dous anos

O prezo da cesta da compra sobe un 30 % en dous anos

Nos últimos dous anos disparouse un 30 %, segundo a OCU

Este último ano un 14 por cento, a segunda maior suba nos últimos 35 anos

O IPC sobe ata 3,5 % polo encarecemento da luz e os carburantes

G24.gal 28/09/2023 14:37

Encher o carro da compra encarece mes tras mes. Segundo os datos da OCU, os prezos subiron un 14 % no último ano, e máis dun 30 por cento con respecto a hai dous anos, unha suba histórica desde que hai rexistros.

O azucre, o leite condensado, as cenorias e as patacas fritidas conxeladas están entre os produtos que máis encarecen. Entre os poucos que baixan, o aceite de xirasol, os plátanos ou o queixo fresco

Por comunidades, Galicia está entre as máis baratas de España para facer a compra, e entre cidades Vigo sitúase como a máis económica de España. Redúcese ademais a marxe de aforro entre supermercados. Pero segue habendo diferenzas importantes se comparamos prezos.

Desde a OCU apuntan a que a cesta da compra vai seguir subindo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade