O prezo da electricidade baixa este venres, pero segue a máis de 220 euros a hora
O prezo da electricidade baixa este venres, pero segue a máis de 220 euros a hora
Para baixar máis, cómpre investir en enerxías renovables segundo Iberdrola
O prezo da electricidade baixará este venres preto dun 3 e medio por cento, pero o megawatt hora seguirá por riba dos 220 euros de media.
Reducir a factura da luz pasa, segundo Iberdrola, por incrementar as enerxías renovables, reducindo a dependencia dos combustibles fósiles.
"A implantación de renovables contribúe a baixar o prezo da electricidade, a estabilizar este prezo nas facturas e elimina a volatilidade producida polos combustibles fósiles", explica Francisco Silva, delegado de Iberdrola en Galicia.
Destacárono nunhas xornadas sobre emprego e sostibilidade en Galicia, onde tamén subliñaron que a transición enerxética supón unha oportunidade para crear emprego e fixar poboación no rural.