Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo do café seguirá aumentando, en parte, polas malas colleitas a causa do cambio climático

O prezo do café seguirá aumentando, en parte, polas malas colleitas a causa do cambio climático

O prezo do café é o máis elevado dos últimos cincuenta anos

As malas colleitas resultado do cambio climático, detrás de parte da causa da suba do café

Cada español toma uns catro quilos de café cada ano, de media; son unas 500 tazas

G24.gal 06/12/2024 14:14

A que é unha das bebidas máis populares do mundo está polas nubes. Falamos do café, que está a uns prezos nunca antes vistos nos últimos cincuenta anos. As malas colleitas que deixa o cambio climático está detrás de parte desta escalada. E a cousa irá a peor: todo indica que seguirá aumentando o que pagamos por unha cunca de café. 

Calcula a Asociación Española do Café que cada español, de media, bebe unhas cincocentas cuncas de café ao ano. Algo así como consumir uns catro quilos de café en 365 días. 66 millóns de cuncas de café circulan cada día por bares e locais de toda España.

Unha cunca de café custa hoxe máis do que custou nunca nos últimos cincuenta anos. Os prezos varían moito, claro, tamén os tipos, orixe  e calidades dos cafés. Tamén varía o márketing que queda dentro de cada cunca. En París ou Londres, un café nun bar custa ao redor de cinco euros, tamén en Copenhague.  A media en Galicia é de un euro e medio ou dous.

As malas colleitas provocadas polo cambio climático en Latinoamérica están detrás de parte do aumento do prezo do café. Complícase a produción, os compradores mercan máis para poder almacenar antes de que suba máis e, en consecuencia, segue aumentando o prezo porque hai aumento de demanda. A previsión é que o café aumente de prezo tamén nos bares.

No último ano, o café da variedade arábica, unha das máis coñecidas, aumentou o prezo un setenta por cento. E a previsión é que os prezos continúen aumentando.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade