O prezo do marisco mantense estable a dúas semanas da Noiteboa

O 70 % das vendas nas prazas de abastos é de marisco para conxelar

G24.gal 09/12/2023 13:57 Última actualización 09/12/2023 14:19

Ao redor do 70 % do marisco que se vende estes días nos mercados consumirase durante o Nadal. O conxelador é un aliado contra a inevitable escalada de prezos e a xente merca cada vez con máis antelación o que poñerá na mesa estas festas.

Aínda así, a dúas semanas da Noiteboa, os prezos mantéñense bastante estables. O quilo de nécora vai a corenta e cinco euros e o do lagostino, dependendo do tamaño, oscila entre os cincuenta e cinco e os setenta e cinco.

Mantense, polo de agora, o lumbrigante, e tampouco subiron as ameixas. Tamén hai camarón a noventa euros o quilo e percebe a sesenta. A centola, que escasea desde hai unhas semanas, rolda os corenta euros o quilo.

As peixeiras están contentas coa marcha da campaña de Nadal, máis animada esta semana porque veu xente de fóra que non quere desaproveitar a oportunidade e merca marisco galego a uns prezos polo de agora razoables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos