Publicador de contidos
Publicador de contidos

O príncipe Henrique testifica por segundo día polas escoitas ilegais

O príncipe Henrique testifica por segundo día polas escoitas ilegais

Uns 140 artigos difundido por diarios entre 1996 e 2010 contiñan datos aos que os reporteiros accederon de maneira ilegal

G24.gal 07/06/2023 11:53

O duque de Sussex compareceu este mércores, por segundo día consecutivo, no Tribunal Superior de Londres, onde continuará testificando no caso de escoitas ilegais que o enfronta ao grupo Mirror Group News (MGN).

O príncipe Enrique, denunciou, xunto con outros demandantes, o propietario de cabeceiras como o Daily Mirror, Sunday Mirror e Sunday People, ao que acusa de conseguir supostamente información de maneira ilegal, con intervencións telefónicas e contratación de detectives privados, para obter exclusivas.

Segundo a demanda, uns 140 artigos difundido por diarios de MGN entre 1996 e 2010 contiñan datos aos que os reporteiros accederon de maneira ilegal, aínda que nesta audiencia téñense en conta 33.

O príncipe lamentou ademais que tanto el como a súa esposa, a estadounidense Meghan, duquesa de Sussex, tiveron que afrontar "un acoso constante" e insultos por parte dos tabloides durante o últimos seis anos.

Espérase que Henrique continúe durante esta mañá respondendo a cuestións expostas polo avogado Andrew Green, que representa a MGN, que "nega" ou "non acepta" as alegacións sobre as publicacións.

O príncipe xa compareceu o pasado marzo no mesmo tribunal nunha vista preliminar con relación a unha acusación separada contra Associated Newspapers Limited (ANL), dono do Daily Mail e Mail On Sunday.

Tamén adoptou medidas legais contra News Group Newspapers, donos de The Sun e o xa desaparecido News Of The World.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade