Publicador de contidos
Publicador de contidos

O príncipe Henrique volve a Londres a un xuízo contra un tabloide

O príncipe Henrique volve a Londres a un xuízo contra un tabloide

As vistas orais comezarán en maio, tras a coroación do rei Carlos III

O xuízo contra o Daily Mail comezará tras a coroación de Carlos III O xuízo contra o Daily Mail comezará tras a coroación de Carlos III
G24.gal 28/03/2023 08:10

O príncipe Henrique de Inglaterra apareceu onte por sorpresa en Londres. Acudiu ao Tribunal Superior da capital británica para unha vista preliminar sobre a súa demanda contra a firma editora do tabloide Daily Mail por suposta recompilación ilegal de información privada.

Outros famosos, coma o músico Elton John ou a actriz Liz Hurley, tamén se sumaron á demanda contra esta editora, á que acusan de "horribles actividades delitivas e violacións graves da privacidade".

As vistas orais comezarán en maio, tras a coroación do rei Carlos III.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade