Jorge Quindimil: "Penso que agora si estamos empezando a falar de paz en Ucraína"
Jorge Quindimil: "Penso que agora si estamos empezando a falar de paz en Ucraína"
O profesor de Dereito Internacional e da UE da Universidade da Coruña cre que a falta de unanimidade na declaración final non lle resta valor ao cumio internacional
O profesor da Universidade da Coruña Jorge Quindimil cre que o cumio pola paz celebrado esta fin de semana en Suiza tivo resultados moi positivos, malia que 12 países non asinaran a declaración final e Rusia non estivera presente.
Quindimil cre que se están dando pasos adiante: "Este cumio si acadou resultados relativamente concretos. Hai apenas tres semanas, O Brasil e A China (....) xa dixeron que querían impulsar o seu propio proceso de paz. Temos termos de paz tamén de Putin, é verdade que esaxerados e fóra de lugar, de apenas hai uns días. Eu penso que agora si estamos empezando a falar de paz".
Quindimil considera relevante tamén que a declaración final recolla o respecto á integridade territorial de Ucraína.
Por outra banda, o profesor cre que a duración da guerra vai depender do que lles interese aos EUA e á China: "No momento en que tanto A China coma os Estados Unidos, polas razóns que sexan, fundamentalmente política interna pero tamén de intereses comerciais internacionais, decidan que xa está ben de guerra, a guerra acabouse".