O programa do libro electrónico escolar incorporará contidos para imprimir
O programa do libro electrónico escolar incorporará contidos para imprimir
É unha das principais novidades para o curso 2023-2024.
Unha vintena de centros déronse de baixa no E-Dixgal
É cada centro o que decide se se incorpora ou non a este programa voluntario. E no curso que vén 613 colexios e institutos aplicarán o programa do libro dixital. Serán 17 menos que no curso que acaba de rematar. Desde a Xunta defenden a necesidade de que os alumnos adquiran competencias dixitais.
"De ningunha maneira imos demonizar que se empregue o material en soporte analóxico. O que defendemos é un emprego mixto, o dixital para favorecer esa adquisición da competencia dixital, e tamén o soporte papel que sabemos que é preciso no ámbito educativo".
Ante as críticas da comunidade escolar pola calidade dos materiais, o programa incorporará melloras: formación específica do profesorado e contidos que se poidan imprimir.
"Para o curso 24-25 inclúese esa esixencia de que exista, para cada unidade didáctica, un 'dossier' en formato imprimible que se poida descargar e utilizar en papel ou en formato dixital para que o alumnado poida repasar os contidos asociados a cada unidade".
O programa leva unha década implantado en colexios e institutos de Galicia.