Estudantes francesas aprenden como se traballa nas explotacións gandeiras galegas
Estudantes francesas aprenden como se traballa nas explotacións gandeiras galegas
Unha iniciativa que forma parte do programa europeo Erasmus+ en Zas
Son estudantes francesas que están estes días en Zas para coñecer de primeira man os nosos sistemas de produción, neste caso de produción leiteira. Explícannos como é a súa rutina diaria.
"Empezo o día coa muxidura, logo facer os tenreiros e pola tarde, a muxidura e os tenreiros", di unha das estudantes francesas.
"Empezo o día coa muxidura, logo facer os tenreiros e pola tarde, a muxidura e os tenreiros", afirma outra das estudantes francesas.
A súa estadía en Galicia enmárcase no programa europeo Erasmus Plus, ao que tamén se acollen alumnos galegos.
"Acollina aquí porque o meu fillo tamén foi para Francia e pensei que estaba obrigada a coller unha francesa", sinala unha gandeira da zona.
"Todo o que se refire á granxa, traballan todo, na muxidura, na alimentación", di a responsable dunha das granxas.
Os alumnos galegos fan estadías en Italia, Irlanda e Francia e os de alá veñen aquí. Na escola de formación agraria da Fonteboa coordinan cada ano a mobilidade dun cento de estudantes.
"É moi positivo, tanto para os que van coma para os que se reciben. Os alumnos amplían o seu angular, o seu proxecto de vida no rural, que é a razón de ser da formación profesional agraria", sinala Luis García.
En maio outros quince estudantes franceses daranlles a remuda nas granxas da zona.