Publicador de contidos

Publicador de contidos

O progresista Yamandú Orsi é investido como novo presidente do Uruguai ata 2030

O progresista Yamandú Orsi é investido como novo presidente do Uruguai ata 2030

A toma de posesión, á que asistiu o rei Filipe VI, coincide co 40 aniversadio da fin da ditadura

Orsi, no centro, durante a súa toma de posesión Orsi, no centro, durante a súa toma de posesión
G24.gal 01/03/2025 20:01

O progresista Yamandú Orsi foi investido este sábado como novo presidente de Uruguai ata 2030, nunha cerimonia celebrada no Palacio Lexislativo, fronte aos integrantes da Asemblea Xeral e os representantes dos diferentes países invitados. Entre eles estaba o rei de España, Filipe VI.

"Eu, Yamandú Orsi, comprométome pola miña honra para desempeñar lealmente o cargo que se me confiou e a gardar e defender a Constitución da República", foron as palabras lidas polo novo mandatario. 

Orsi asegurou que quere encabezar un goberno "que se caracterice polo principio de humanidade". 

Nese sentido, o novo presidente dixo que a única ambición do Goberno "está intimamente ligada á procura da pública felicidade".

"A democracia tamén goza de boa saúde cando as súas institucións son sólidas, cando a xustiza é igual para todos e cando se defende sen concesións o mandato republicano da independencia entre poderes", afirmou.

Doutra banda, Orsi lembrou que neste 1 de marzo cúmprense 40 anos desde que se restableceu a democracia, tras a ditadura cívico-militar que o país suramericano tivo entre 1973 e 1985.

"Nun día como hoxe, pero hai exactamente 40 anos, Uruguai recuperaba a súa democracia. Asistimos desde entón ao período máis longo de vida democrática da historia o noso país. É un enorme orgullo poder celebralo non só ante os meus propios compatriotas, senón ante mandatarios de distintas partes do mundo", salientou.

Nesa mesma liña, apuntou que en país suramericano aínda "hai secuelas dese período que continúan ata hoxe" e engadiu que por iso é imprescindible "manter intacto o compromiso coa liberdade, a verdade e a xustiza".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade