Publicador de contidos
Publicador de contidos

O proxecto de metanol verde de Forestal do Atlántico impulsa a transformación do sector en Galicia

O proxecto de metanol verde de Forestal do Atlántico impulsa a transformación do sector en Galicia

A empresa reclama fondos europeos para levar adiante este proxecto único en España

G24.gal 23/06/2022 15:00

Un paso adiante cara á transformación do sector forestal en Galicia. Esta planta de Forestal do Atlántico pretende producir hidróxeno verde e transformalo nun biocombustible como o metanol.

O proxecto servirá ademais para crear novos postos de traballo na ría de Ferrol con importantes proxectos en marcha no campo das enerxias renovables. Os seus impulsores advirten que serán imprescindibles os fondos europeos que tramita o Goberno.

Unha necesidade que lle trasladaron ao delegado do Goberno nunha visita ás instalacións. A Xunta de Galicia xa declarou o proxecto de interese prioritario para a nosa comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade