O proxecto Vigo Vertical prosegue a súa expansión na urbe con novas ramplas mecánicas
O proxecto Vigo Vertical prosegue a súa expansión na urbe con novas ramplas mecánicas
Ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas están a supor un gran cambio na morfoloxía da cidade
Desde as primeiras escaleiras mecánicas na Porta do Sol, a cidade conta xa cunha vintena de proxectos do Vigo Vertical co que se pretende paliar a accidentada orografía viguesa.
Escaleiras e ramplas mecánicas expándense pola urbe viguesa para mellorar a mobilidade. Tamén os ascensores, como o Halo, que se converteu en nova icona de Vigo e que derrubou o maior muro vertical con 45 metros de desnivel.
As dúas novas ramplas que salvan un desnivel de 15 metros son parte das sete novas conexións mecánicas previstas para este ano en distintas zonas da cidade.
A cidade seguirá transformándose con novos proxectos xa aprobados, máis ascensores e máis ramplas, entre elas as de Gran Vía, que conectarán a praza de España e Travesas, unhas das de maior lonxitude da cidade.