Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG di que a investidura de Feijóo é "unha tomadura de pelo", e o PPdeG lembra que contan con máis apoios

O PSdeG di que a investidura de Feijóo é "unha tomadura de pelo", e o PPdeG lembra que contan con máis apoios

A viceportavoz do grupo parlamentario socialista di que o candidato do PP evidencia unha "desesperación total"

A voceira do PPdeG no Parlamento xustifica que Feijóo fale de investidura frustrada porque hai que ser "realista"

G24.gal 28/08/2023 14:44

A viceportavoz do grupo parlamentario socialista, Leticia Gallego, considera que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, evidenciou a súa "desesperación total" onte no acto de apertura do curso político en Soutomaior ao admitir a investidura "fallida" á que se vai presentar.

Nunha conferenica de prensa no Parlamento, apuntou: "Evidénciase unha desesperación total de Feijóo, que nos diga cal e o fin desa investidura se xa sabe que é fallida. É unha tomadura de pelo a todos". Dixo ademais que non facía falta que viñese a Galicia a dicir iso que xa todo o mundo sabía.

Pola súa parte, a portavoz dos populares, Paula Prado, respondeu que "a tomadura de pelo é a de Pedro Sánchez de pretender ser o que levase ese encargo con 30 apoios menos que o señor Feijóo, que ten un encargo do rei para presentarse a esa investidura".

Prado, xustificou que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, admita unha posible investidura fallida porque "hai que ser realistas" e non se poden "xerar falsas expectativas" cando lle faltan catro votos para saír elixido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade