O PSdeG levará ao Parlamento o informe de Contas sobre o subrecusto das obras do Cunqueiro
O PSdeG levará ao Parlamento o informe de Contas sobre o subrecusto das obras do Cunqueiro
José Ramón Gómez Besteiro confía en que o Tribunal de Contas abra unha investigación
Sanidade pregúntase "cantas mortes" habería en pandemia se o Cunqueiro estivese aínda en construción
Os socialistas galegos levarán a debate no Parlamento o informe do Consello de Contas que recolle un sobrecusto nas obras do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. José Ramón Gómez Besteiro pide que tamén se investigue no Tribunal de Contas, o órgano fiscalizador do sector público a nivel estatal.
"Creo que todos nos debemos aplicar nesta fórmula de utilizar a sanidade pública porque non é un fondo que esquilmar, senón un ben que hai preservar e protexer. Aí estaremos e demandaremos ese tipo de explicacións. Estaremos seguindo atentamente esa investigación que se debe facer no Tribunal de Contas".
Sanidade pregúntase "cantas mortes" habería en pandemia se o Cunqueiro estivese aínda en construción
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, preguntouse "cantas mortes" se producirían durante a pandemia da covid se o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo estivese aínda en construción por optar por un modelo 100 % público.
Así o sinalou ante os medios de comunicación tras coñecerse este mércores o Informe de Fiscalización do Contrato de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo publicado por Contas, que conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta, xa que suporía un aforro de máis de 470 millóns de euros (IVE incluído).
Caamaño, desde un punto de vista da medicina, valorou que supuxo para os vigueses e en xeral para os galegos elixir a colaboración público-privada para a construción do hospital. Segundo el, de optar por un modelo 100% público tardaría "moito máis" en construílo.
Lembrou que o Cunqueiro desenvolveuse "en menos de 5 anos", mentres que a alternativa pública tardaría "entre 8 e 15 anos", indicando que o hospital de Lugo, cun investimento menor, tardou oito anos.