Cargando resultados...
O PSdeG prosegue en Ourense a renovación dos seus órganos provinciais
O PSdeG prosegue en Ourense a renovación dos seus órganos provinciais
Rafael Rodríguez Villarino e Alfredo García optan a liderar o partido en Ourense
G24.gal
08/01/2022 13:39
O PSdeG está en pleno proceso de renovación dos seus órganos provinciais.
En Ourense presentaba os avais o venres para oficializar a súa candidatura Rafael Rodríguez Villarino e este sábado facía o mesmo, na sede do partido en Santiago, Alfredo García.
O alcalde do Barco de Valdeorras e expresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, (FEGAMP) oficializou o seu paso á fronte para liderar o partido na provincia de Ourense e entregou o máximo de avais permitidos: 236.