O prazo de presentación de precandidaturas ás primarias do PSdeG abre este luns
O prazo de presentación de precandidaturas ás primarias do PSdeG abre este luns
A xornada de votación terá lugar o domingo 7 de abril e o Congreso Extraordinario celebrarase o 27 dese mes
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presidiu a Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) que fixou o calendario de primarias para escoller o secretario xeral, que terá lugar o 7 de abril, e a data do Congreso Extraordinario, que se celebrará o 27 do mesmo mes.
A presentación de precandidaturas ábrese este luns e prolóngase ata 14 de marzo. A recollida de avais será entre o 15 e o 22 deste mes. Entón proclamaranse as candidaturas provisionais, que deberán presentar como mínimo o 6 % dos preto de 10.000 militantes con dereito a voto.
A campaña de información celebrarase entre o mércores 27 de marzo e o sábado 6 de abril, dando paso á xornada de votación, que será o 7 de abril e, no caso de que ningunha candidatura sume o 50 % dos apoios, tería lugar unha segunda volta o 14 do mesmo mes.
Segundo o calendario aprobado na CENG do PSdeG, o 14 de abril terá lugar a proclamación provisional de resultados, e o Congreso Extraordinario celebrarase finalmente o sábado 27 de abril.