Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG evita as primarias ao ser Besteiro o único candidato para liderar o partido

O PSdeG evita as primarias ao ser Besteiro o único candidato para liderar o partido

O 27 de abril celebrarase o Congreso Extraordinario, como seguinte paso na renovación do partido

G24.gal 14/03/2024 16:16

José Ramón Gómez Besteiro, que exerceu como secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016, volverá liderar o partido nesta nova época, ao ser o único candidato que se presentou para coller as rendas do socialismo galego.

Desta maneira, o PSOE galego evita a celebración de eleccións primarias que, nun primeiro momento, estaban previstas para o vindeiro 7 de abril.

O prazo para a presentación de precandidaturas pechou este xoves ás 15:00 horas, pero segundo informaron fontes do partido, foi Besteiro o único que deu este paso ao rexistrar o pasado martes a súa precandidatura.

Polo tanto, o seguinte paso na renovación do partido darase coa celebración do Congreso Extraordinario, que terá lugar o sábado 27 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade