O PSOE cre que detrás da investigación a Begoña Gómez hai unha "campaña orquestrada" para sacar a Sánchez da Moncloa
O PSOE cre que detrás da investigación a Begoña Gómez hai unha "campaña orquestrada" para sacar a Sánchez da Moncloa
O PSOE cre que detrás da investigación a Begoña Gómez hai unha "campaña orquestrada" para sacar a Sánchez da Moncloa
O líder do PP acusa o presidente do Goberno de usar a súa muller para "vitimizarse el e salvar a súa carreira política"
O Goberno ve "normal" que a Fiscalía Europea investigue os contratos públicos a Barrabés
Para os socialistas, a citación de Begoña Gómez na recta final das eleccións europeas responde a unha operación política. Para Teresa Ribera, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo, "hai, simplemente, unha campaña orquestrada para sacar de Moncloa ao presidente lexítimo deste país".
O socio da coalición, Sumar, pídelle ao PSOE que se centre na xestión. Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais, ínstaos a non deixarse levar por "pseudoescándalos e folletíns que se seguen armando de xeito cotiá co único interese de que non se fale de proxectos políticos".
Tamén socios parlamentarios, como Podemos, apelan a Pedro Sánchez para que actúe. Segundo Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos, "non é unha persoa calquera, é o presidente do Goberno e ten nas súas mans o BOE".
Dende o Partido Popular acusan a Sánchez de practicar un populismo "ao modelo dos Kirchner en Arxentina" ao aparecer acompañado pola súa muller, Begoña Gómez, nun mitin este mércores. Alberto Núñez Feijóo cre que "foi o presidente do Goberno o que a utilizou para vitimizarse el e para salvar a súa carreira política".