O PSOE e os socios da investidura rexeitan tramitar unha lei para impedir que prescriban os crimes de ETA

A proposta é do Partido Popular e inclúe tamén prohibir as homenaxes a terroristas
Sergio Sayas, do PP, defendeu a norma: "É unha lei que lles dá instrumentos ás delegacións do Goberno para que impidan as homenaxes a etarras, as concentracións a favor dos presos e calquera acto de apoio. E querémolo facer nun momento en que os partidos que sustentan o Goberno de España traen ao Parlamento outra lei para que a apoloxía do terrorismo deixe de ser un delito".
Mertxe Aizpurúa, de EH Bildu, replicou: "Hoxe o PP trae un debate que intenta avivar o distanciamento, o rencor, o odio e a vinganza. É penoso ver como o PP se converteu no maior inimigo para a convivencia dos vascos e dos españois".
Rafaela Romero, do PSOE, di: "Os dereitos das vítimas non teñen ideoloxía. Debería ser unha política de Estado. Pídolles sentido e sensibilidade".