O PSOE e Unidas Podemos seguen sen achegar posturas sobre a lei do 'só si é si'
O PSOE e Unidas Podemos seguen sen achegar posturas sobre a lei do 'só si é si'
Pedro Sánchez evita a pugna dialéctica e sinala que a axenda do Goberno de coalición "supera con moito" as discrepancias neste caso concreto
Irene Montero sostén que a maioría feminista do Congreso ten que chegar a un acordo sobre a reforma da lei para evitar o protagonismo do PP e de Vox
Pedro Sánchez participou con Rodríguez Zapatero e ducias de mulleres socialistas nun acto do PSOE para conmemorar o 8-M. Anunciou que o próximo martes se vai aprobar a tramitación dunha lei que obrigará á paridade no consello de ministros e nos consellos de administración das grandes empresas. Sobre a lei do só si é si eludiu avivar a polémica con Unidas Podemos.
"Este Goberno de coalición, que ten unha axenda que se pode resumir en políticas de progreso e de xustiza social, ten unha axenda que supera con moito calquera discrepancia que poidamos ter sobre un caso concreto. Con moito, porque nos unen máis cousas das que nos separan".
Acto feminista de Podemos, tamén marcado polo Día da Muller, con presenza das ministras Montero e Belarra. Nese contexto, Irene Montero salientou que o 8-M ten que ser de todas as mulleres sen exclusións e que o día anterior unha maioría feminista debe dar unha resposta conxunta ante a reforma da lei do 'só si é si'.
"Temos que chegar a un acordo para que o día 7 de marzo non se vote no Congreso dos deputados a volta ao Código Penal da manada e lle deamos a oportunidade ao Partido Popular e a Vox de volver ao Código Penal da manada e de sumar os seus votos ao partido socialista".