Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE illa a Page e acúsao de querer buscar notoriedade

O PSOE illa a Page e acúsao de querer buscar notoriedade

A vicesecretaria xeral do PSOE advírtelle que "ese non é o camiño"

Os socialistas saen en tromba defender a amnistía e negar que estean no "arrabaldes" da Constitución

Este encontro de Page con tres presidentes do PP provocou un forte malestar en Ferraz
G24.gal 25/01/2024 14:03

Agrávase a crise entre a dirección do PSOE e o presidente de Castela-A Mancha. Dirixentes socialistas e membros do Goberno saíron en tromba esta mañá para afearlle as súas constantes críticas ao partido pola lei de amnistía. Reprendérono publicamente e advertíronlle que "ese non é o camiño", segundo dixo a vicesecretaria xeral do PSOE, María Jesús Montero. A tamén vicepresidenta primeira acúsao de querer "buscar notoriedade a partir da discrepancia". 

O que máis doeu no PSOE é que dixera que o partido e a lei de amnistía "están nos arrabaldes da Constitución". Na cúpula do PSOE lémbranlle que "somos o partido que, coa súa historia de 144 anos, sempre defendeu a Constitución e a separación de poderes". 

A comunicación entre as dúas partes está interrompida. O secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, confirmou que non falara con el nas últimas horas e que "non tiña pensado facelo", nas vindeiras. 

Co aparato de Ferraz en contra, o presidente castelán manchego reivindícase e saca peito da súa maioría absoluta. Di Page que o que "gaña a dereita e a extrema dereita neste país, non está en ningún arrabalde" e pregúntase se vai ter que pedir "desculpas" por gañar as eleccións. 

Esta desavinza é un novo capítulo nas difíciles relacións entre Ferraz e o presidente castelán manchego, despois de que este se convertera nunha das escasas voces con peso no PSOE en contra da amnistía. Voz crítica, con pouco predicamento, recoñece o propio Page, que teme sanción e xa se ve fóra. "A min hai moito tempo que xa non me fai caso nin Siri, a do teléfono", lamenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade