O PSOE sae ao paso das últimas informacións xornalísticas que avanzan que Vitor de Aldama, o presunto comisionista do caso Koldo, estivo na sede de Ferraz durante a vitoria electoral socialista de novembro de 2019.
A voceira da Executiva, Esther Peña, non aclara se foi así, e di que lle "custa crer" que iso pasara. Segundo ela, deben ser outros os que demostren que si estiveron alí.
Os socialistas sosteñen que o presidente do Goberno "non cruzou xamais unha palabra" con Aldama e consideran "fantasmas" todas as outras insinuacións.
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo convida a Pedro Sánchez a facer unha "profunda reflexión" e reclámalle que "deixe de tomar o pelo" aos españois sobre a súa relación co empresario. Prognostica Feijóo que "se van cocer na súa propia hipocrisía", polo que lle volve pedir que dimita.