O PSOE pide unha última semana para presentar emendas á lei trans
O PSOE pide unha última semana para presentar emendas á lei trans
Esta nova petición tensa as relacións entre membros da coalición de goberno
O Grupo Socialista vai pedir que se amplíe unha semana máis o prazo para presentar emendas ao proxecto de lei trans no Congreso, que conclúe este mércores ás 18.00 horas, a pesar das presións do Ministerio de Igualdade e de Unidas Podemos para que non haxa máis prórrogas.
Fontes socialistas informaron a Efe de que será a última ampliación do prazo e de que presentarán as súas emendas o vindeiro luns 31 de outubro.
Enfado entre as filas socialistas
A última ampliación de prazos provocou que a semana pasada se dera de baixa no PSOE a activista trans Carla Antonelli e abriu fendas no partido e no seo da coalición de goberno, pero desde o Grupo Socialista insiste na necesidade de que a lei conte con seguridade xurídica.
A controvertida norma, cuestionada por unha banda do PSOE e do sector transexcluínte do movemento feminista, recolle a autodeterminación de xénero, que os socialistas aseguran que non van tocar, e abre a porta ao cambio de sexo no rexistro sen necesidade de contar con informes médicos ou psicolóxicos ou de someterse a tratamentos.