Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE quere aprobar a reforma laboral sen cambio ningún

O PSOE quere aprobar a reforma laboral sen cambio ningún

Podemos presiona a ERC para evitar que a tramitación dependa de Ciudadanos

UGT pide o si de todo o arco parlamentario

O bloque da investidura recea do apoio de Arrimadas

G24.gal 25/01/2022 15:07

Os sindicatos cualifican de histórica a reforma laboral, e piden o apoio de todo o arco parlamentario para que saia adiante: "Nós pretendemos que non sexa só Inés Arrimadas, senón que haxa 350 si", di Mariano Hoya, de UGT.

Ese apoio de Ciudadanos supón un balón de osíxeno, pero outros partidos recean desta alianza, negociada polos socialistas. Para Joan Baldoví "Ciudadanos pode ser pan para hoxe pero fame para mañá".

A tramitación depende deses 22 escanos que suman os partidos minoritarios. E non conta cos catro de Junts, que sostén que "non é unha reforma laboral, senón un parche".

Porque de momento os socios de investidura manteñen o non. No PNV critican "agora ten que levalo a convalidación parlamentaria, isto tiñan que facelo antes".

Pero dende Unidas Podemos confían en conservar o bloque de investidura, e presionan a Esquerra. "Nós non cremos na xeometría variable. Preocúpanos, se sumaran, porque cremos que hai que evitar o risco de que a lexislatura xire á dereita", recoñece Jaume Asens.

No PSOE manteñen a confianza na convalidación da reforma sen introducir cambio ningún.  "Benvidos sexan aqueles que atenden ao interés xeral. Convalidalo nos termos acadados e non traspasar a tramitación porque é desvirtuar o acordo acadado", advirte Héctor Gómez.

E o voceiro socialista vai máis alá: se Yolanda Díaz fai cesións deberá consensualas previamente co Executivo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade