Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os empregados da banca maniféstanse en Madrid para pedir subidas salariais

Os empregados da banca maniféstanse en Madrid para pedir subidas salariais

Esixen unha mellora no clima laboral, marcado pola presión comercial, a falta de persoal, as cargas de traballo e o impacto sobre a saúde

Empregados da banca na manifestación deste xoves en Madrid (EFE) Empregados da banca na manifestación deste xoves en Madrid (EFE)
G24.gal 08/02/2024 19:12

"Miles" de empregados da banca, segundo indicaron os sindicatos, manifestáronse este xoves polas rúas do centro de Madrid para esixir unha recuperación salarial e unha mellora nas condicións laborais.

Representantes dos traballadores levan semanas de negociación sen éxito coas patronais, demandando incrementos entre o 17 % e o 23 % en tres anos, "acordes cos beneficios do sector".

Os sindicatos tamén reclaman ás entidades fixar topes nos intereses dos préstamos concedidos ao persoal e tamén que apliquen medidas que melloren o clima laboral, "cada vez máis insostible, marcado pola presión comercial, a falta de persoal, as cargas de traballo e o impacto sobre a saúde".

Os sindicatos leron un manifesto nas protestas en que deixaron claro que están "en loita" para que os principais bancos, CaixaBank, Santander, BBVA, Sabadell, Unicaja, Bankinter, Abanca, Cajamar, Deutsche Bank, Ibercaja, Cecabank e demais empresas do sector rectifiquen se non queren un conflito aberto cando celebren as súas xuntas de accionistas.

"Esta manifestación é consecuencia do inmobilismo das patronais para achegar as posturas que cremos coherentes coa situación económica, a perda de poder adquisitivo e os beneficios históricos do sector", sinalou Begoña Peiró, presidenta de SECB-Fine.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade