Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alivio no Goberno e no PSOE; ERC e Junts acusan a Sánchez de electoralismo

Alivio no Goberno e no PSOE; ERC e Junts acusan a Sánchez de electoralismo

Yolanda Díaz reclama a Sánchez que o "punto e á parte" teña contido: derrogar a lei mordaza e reforma do CXPX

Esquerra e Junts acusan a Sánchez de "electoralismo"

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero (c), durante unha concentración na rúa de Ferraz en Madrid en apoio ao presidente do Goberno este sábado, en paralelo á xuntanza do Comité Federal do PSOE (A. Pérez Meca / Europa Press)
G24.gal 29/04/2024 13:07 Última actualización 29/04/2024 17:03

O PSOE respira aliviado tras a decisión de Pedro Sánchez de seguir como presidente do Goberno, despois da mobilización de todo o partido para pedirlle que continuase.

Diversas fontes socialistas consultadas por EFE do Goberno, a Executiva Federal do PSOE e o grupo parlamentario no Congreso aseguran que nada volverá ser igual porque consideran que este período é un punto de inflexión que serviu para debater sobre a calidade democrática e para defender o respecto na política, mentres que hai quen pensa que o partido vai estar agora "máis forte e unido".

Alivio no Goberno

A vicepresidenta primeira do Goberno e número dous do PSOE, María Jesús Montero, agradeceu este luns a Pedro Sánchez a súa decisión de seguir adiante como presidente do Goberno, así como a súa "valentía", "determinación" e "humanidade".

"Grazas pola túa valentía, a túa determinación e tamén grazas pola túa humanidade presidente. Grazas por seguir adiante. Contigo faremos que siga merecendo a pena", escribiu na súa conta da rede social X a tamén ministra de Facenda, que estivo no Palacio da Moncloa con Sánchez antes de que este comparecese para informar da súa decisión.

Nunha comparecencia de urxencia na sede do Ministerio de Traballo, a vicepresidenta segunda e líder de Sumar, Yolanda Díaz, manifestou o seu respecto á decisión do presidente, con quen se vai a reunir en Moncloa tras confirmar a súa continuidade.

Díaz reclamou a Sánchez, que o "punto e á parte" para a lexislatura, ao que se referiu tras confirmar a súa continuidade no cargo, sexa "gobernar máis e mellor" e ir "máis aló do cumprimento estrito" do pacto de investidura.

Neste sentido, sinalou a derrogación da Lei de seguridade cidadá, coñecida polos seus detractores como lei mordaza, reformas no ámbito da xustiza empenzando por cambios lexislativos para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial e fomentar avances sociais ambiciosos.

Unha idea coa que coinciden en Podemos, que pide medidas urxentes para acabar co que cualifican de guerra xudicial e mediática. Pablo Iglesias apunta que Pedro Sánchez fixo o ridículo ao non achegar medidas contra o lawefare.

"Seguimos con máis forza", dixo o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, tras acompañar o presidente do Goberno no Palacio da Moncloa xunto coa vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, e o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán.

Bolaños mostrou o seu apoio a Sánchez na rede social X e sumouse así aos ministros que eloxiaron a decisión do presidente de seguir "con máis forza se cabe".

Alivio no PSOE

"Imos seguir traballando sen descanso. Pola rexeneración da democracia. Para seguir consolidando dereitos. Para que prevaleza a política limpa. Imos facer fronte aos desafíos que están por vir con máis forza que nunca", dixo o secretario de organización socialista, Santos Cerdán, na súa conta da rede social X.

Pola súa banda, o portavoz do PSOE no Congreso, Patxi López, celebrou esta "gran noticia" e resaltou que con ela Sánchez "segue demostrando que a mentira non pode coa verdade, o insulto non gaña ao argumento, o odio dalgúns discursos non se impón á convivencia e os que cren que o poder é seu non deciden por enriba da vontade cidadá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos