Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE reúnese en Suíza con Puigdemont para restaurar as relacións con Junts

O PSOE reúnese en Suíza con Puigdemont para restaurar as relacións con Junts

Os socialistas manteñen unha liña de discreción arredor deste encontro

G24.gal 21/09/2024 14:04 Última actualización 21/09/2024 20:11

Un dos referentes políticos desta fin de semana é a xuntanza entre os socialistas e Puigdemont en Suíza para tentar reconducir as relacións con Junts, deterioradas nos últimos meses tras a investidura de Salvador Illa en Cataluña.

A delegación do PSOE está encabezada polo secretario de Organización, Santos Cerdán, e vai cun obxectivo: tender pontes para restablecer os apoios parlamentarios de Junts.

Os independentistas ameazaron esta mesma semana con máis votacións en contra do Goberno no Congreso se Puigdemont non logra a amnistía.

Os socialistas manteñen unha liña de discreción arredor deste encontro, como se manifesta nas declaracións do ministro Óscar López.

"O Partido Socialista sempre que tivo reunións confirmounas e explicounas con transparencia e normalidade. Polo tanto, será o PSOE o que confirme ou non as reunións que se produzan e dea conta delas. Esa é a diferenza co Partido Popular, que mantiveron sempre reunións e nunca soubemos de que falaron; por exemplo con Junts durante a investidura fracasada do señor Feijóo".

Críticas do PP

Sobre esta xuntanza, o Partido Popular critica que non se poida tratar o financiamento autonómico nunha conferencia de presidentes "mentres se negocian os presupostos xerais do Estado en Suíza con Puigdemont".

Esther Muñoz, vicesecretaria de Educación e Saúde do PP, considera dunha "irresponsabilidade absoluta" que Pedro Sánchez "só teña posta a mira naqueles socios que poden permitirlle seguir no poder e que abandone o resto dos cidadáns".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade