O PSOE sae do Goberno de Fene tras a retirada de competencias a unha concelleira
O PSOE sae do Goberno de Fene tras a retirada de competencias a unha concelleira
O alcalde terá agora que reorganizar o Goberno municipal
O BNG segue á fronte con 6 concelleiros e co apoio da concelleira de Esquerda Unida
O rexedor municipal di que o PSOE ten as portas abertas para cando queira volver
O PP reclama a dimisión inmediata do alcalde
As tres concelleiras socialistas de Fene deixan o Goberno municipal despois de que o alcalde do BNG lle retirara competencias a unha delas.
O rexedor relegou da área de Servizos a Mar Piñeiro e argumentou como motivo unha cuestión de eficiencia e mellora do departamento. Pero as socialistas acúsano de romper de xeito unilateral o pacto de goberno.
O alcalde insistiu en que «se o PSOE mañá considera que ten que volver ao goberno, as portas están abertas».
O actual rexedor foi investido tras unha moción de censura en febreiro de 2020 e sumou os 6 escanos do BNG, o de Esquerda Unida e 3 dos 4 do PSOE. Neste último caso, o seu edil restante opúxose a apoiar á formación nacionalista.
O alcalde, Juventino Trigo (BNG) goberna agora con 6 concelleiros propios e co apoio dunha concelleira de Esquerda Unida.
O PP pediu a demisión inmediata do rexedor municipal.
"Os veciños xa sufriron ata catro crises de Goberno e o único que lle importa ao alcalde é aguantar na súa poltrona por riba de calquera outro interese". "O mellor que pode facer é marchar, deixar que goberne a lista máis votada", manifestan dende o PP.
O Partido Popular ten 6 representantes no concello.