Cargando resultados...
O PSOE votará en contra da reforma fiscal proposta por Podemos no Congreso
O PSOE votará en contra da reforma fiscal proposta por Podemos no Congreso
Os morados rexistraron unha proposición non de lei que non apoian os socialistas
G24.gal
15/02/2022 14:58
Os socios de Goberno van escenificar este martes, no Congreso, as súas discrepancias arredor da reforma fiscal. Esta tarde votarase na cámara unha proposición non de lei rexistrada polos morados e o PSOE xa anunciou que vai votar en contra.
Podemos intenta meterlle presión ao Goberno para acelerar esta reforma, mentres que os socialistas, coa ministra de Facenda á cabeza, piden agardar polo informe que presentará o grupo de expertos a finais deste mes. Dende UP entenden "unha reforma fiscal non é un asunto técnico (...), é unha decisión política", segundo explicou o seu voceiro, Pablo Echenique.