Cargando resultados...
O que non sabemos de Castelao, as anécdotas máis persoais da súa vida
G24.gal
12/04/2025 13:30
Última actualización 11/04/2025 20:27
Que Castelao non foi un rianxeiro máis xa o sabiamos. Pero oístes falar algunha vez da canción que lle compuxeron na súa vila ou da moza que perdeu a fala para sempre ao non ver correspondido o seu amor por el?
Entre a lenda e a realidade, o Ano Castelao permítenos seguir afondando na vida dun personaxe que foi moito máis ca un político, un escritor ou un artista. Castelao segue sendo un símbolo e as súas múltiples historias son sempre dignas de ser contadas.