Publicador de contidos
Publicador de contidos

O queixo de barra europeo véndese ata 4 euros máis barato o quilo que o galego

O queixo de barra europeo véndese ata 4 euros máis barato o quilo que o galego

Os produtores esixen, entre outras medidas, unha etiquetaxe máis clara sobre a súa orixe

G24.gal 22/05/2023 16:06

O excedente de produción de leite que hai noutros países europeos fai que o queixo de barra que chega de Francia, Alemaña ou Países Baixos se venda a uns prezos moito máis baixos, cos que ten difícil competir o produto galego que gaña, iso si, en calidade. E que despois aquí córtase e envásase sen especificar na etiqueta claramente a súa orixe. 

Para facerlle fronte a esta situación os produtores esixen, entre outras medidas, unha etiquetaxe máis clara sobre a súa orixe.

Segundo os últimos datos, as exportacións de queixo español a outros países europeos caeu case a metade, mentres aumentan as importancións de zonas como Alemaña, Francia ou os Países Baixos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade