O R. Madrid viaxa con baixas, pero para Moncho Fernández é "un supertransatlántico"
O R. Madrid viaxa con baixas, pero para Moncho Fernández é "un supertransatlántico"
Sobre a chegada de Will Magnay: "Todo é novo e precisa adaptación"
Os problemas físicos acumúlanselle ao Real Madrid antes da súa visita ao Monbus Obradoiro. Rudy Fernández xa non viaxou co equipo branco a Francia para o partido de Euroliga. Yabusele arrastra unha escordadura de nocello e tamén está practicamente descartado. Cornelie si se desprazou, pero con molestias no pescozo. E seguen fóra de combate, con lesións de longa duración, Randolph, Alocén e Sergio Lull.
Moncho Fernández advirte de que o rival dispón dun plantel tan longo e polivalente que lle permite afrontar este tío de situacións con garantías. Á marxe de quen sexan os elixidos por Chus Mateo para Sar, o Alquimista de Pontepedriña subliña que "serán doce xogadores do Real Madrid". E, por tanto, doce de alto nivel:
"Non vai cambiar moitísimo o que poida estar un ou outro", resume.
"O R. Madrid é un supertransatlántico".
No Monbus Obradoiro, a expensas do que poida ocorrer na recta final da semana, están todos os xogadores dispoñibles salvo David Walker. O técnico santiagués confirmou que o á pivote xa non sente molestias no pé dereito, pero persisten no esquerdo.
Sobre a chegada de Will Magnay:
"Todo é novo e precisa adaptación".