O Rácing amosa a mellor faciana da pretemporada diante do Castela
O Rácing amosa a mellor faciana da pretemporada diante do Castela
Estrea goleadora do central Naldo. Álex López e Álvaro Giménez tamén lograron marcar.
O Rácing amosou a mellor faciana de toda a pretemporada diante do Real Madrid Castela nun partido xogado no campo viveirense de Cantarrana. O cadro de Cristóbal Parralo gañou por 0-3 superando con claridade o rival de maior entidade dos que se enfrontou ata o de agora.
O cadro departamental saiu de inicio con: Bernad, Puric, Naldo, Chiki, Alex López, Jauregi, Señé, Manzanara, Dorrio, Moi Delgado e Aitor Buñuel. O goleador no primeiro tempo foi o brasileiro Naldo, un dos últimos en chegar á Malata.
Na segunda metade sentenciaron Álex López e Álvaro Giménez para poñer o definitivo 0-3. No tempo de lecer entraron oito xogadores diferentes co que o adestrador puido mover a todo o plantel: Delmás, Álvaro Sanz, Nacho, Yoel (ps), Brais Martínez, Álvaro Giménez, Erick Cabaco e David Carballo.