Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing busca a sorpresa diante do Sevilla nunha Malata ateigada

O Rácing busca a sorpresa diante do Sevilla nunha Malata ateigada

Os departamentais queren ser a sensación tamén na Copa

Cristóbal non se dá por favorito, pero cre que pode pasar calquera cousa

G24.gal 06/01/2024 14:39

O Rácing xogará mañá ás catro da tarde nunha Malata ateigada diante do Sevilla o seu partido dos dezaseisavos de final da Copa.

Os de Cristóbal aspiran a dar no torneo do KO a mesma imaxe que están a amosar na Liga. Reciben un rival en crise, o Sevilla, e intentarán aproveitalo para seguiren progresando, na estrea do ano xa sen Carlos Vicente no equipo. O técnico aproveitou a súa comparecencia para desexarlle sorte ao ex-xogador do equipo, pero tamén indicou que non o han botar en falta, que é o momento de que os compañeiros dean un paso á fronte. O técnico tamén ten as baixas de Señé e Clemente.

Cristóbal non dá ao seu equipo como favorito, pero si indica que a un partido pode pasar calquera cousa. O Sevilla, que está a un punto do descenso na Primeira División, buscará unha vitoria balsámica, e a primeira visitante na Malata desde o ano 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade