Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing busca prolongar a serie diante do Huesca

O Rácing busca prolongar a serie diante do Huesca

Mañá visita a Malata o terceiro clasificado (16:15 h)

Cristóbal non se confía malia ás dúas vitorias consecutivas

G24.gal 19/10/2024 14:07

O Rácing recibe mañá o Huesca á busca da terceira vitoria consecutiva. Cristóbal Parralo recupera a Nacho e Buñuel, que podería xogar cunha máscara. O técnico valorou de xeito positivo na previa as dúas vitorias consecutivas que levan os seus, pero avisou: "A treboada vai durar todo o ano. Gañamos dous partidos, estamos algo mellor, pero seguimos nunha situación difícil". E é que o Rácing continúa nos postos de descenso despois de nove xornadas, con nove puntos.

Cristóbal tamén se referiu ao estilo de xogo: "Xogamos catro anos de memoria, pero non podemos seguir xogando igual. Esta temporada temos xogadores moi diferentes".

Enfronte, o Rácing vai atopar un Huesca que chega á Malata na terceira praza, coa recuperación dun vello coñecido, Miguel Loureiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar