Pablo Vázquez: “Fáltame a intuición do ano pasado no balón parado”
Pablo Vázquez: “Fáltame a intuición do ano pasado no balón parado”
O central do Deportivo lamenta a falta de produción ofensiva, tanto dos atacantes como del mesmo, sen sorte de momento na estratexia
Fala claro sempre Pablo Vázquez e nunca esquiva a crítica, poñéndose el por diante se é necesario. O central do Deportivo analizou a situación do equipo branco e azul mostrando preocupación a pesar dos bos síntomas que detecta, porque sabe que “o deporte se mide por resultados”.
Na súa lista de tarefas ten marcado en vermello empezar a xerar no balón parado.
"Son o principal culpable. Fáltame a intuición do ano pasado".
Os números son contraditorios no Dépor. É dos equipos que máis remata e dos que menos tiros recibe.
"Temos que quedarnos con iso, temos a obriga de afianzarnos niso".
A próxima oportunidade para afianzarse será ante o Rácing de Santander.