Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing continúa na onda positiva (1-1)

O Racing continúa na onda positiva (1-1)

Empate no difícil campo do Burgos igualando o gol local con un de Gelardo

G24.gal 24/10/2024 22:33 Última actualización 24/10/2024 22:47

O Racing sumou a cuarta xornada sen perder e logrou un empate no campo do Burgos (1-1). Comezou perdendo logo dun gol marcado por Borja Sánchez mediado o primeiro tempo pero conseguiu empatar no engadido dese período inicial grazas a Aitor Gelardo. 

Non houbo moitas oportunidades na primeira parte. O gol de Borja chegou no primeiro disparo entre os tres paus de calquera dos dous equipos. O Racing reaccionou, a piques estivo de igualar nun remate de Álvaro Giménez e conseguiuno cun gol de Gelardo tras unha gran xogada de Correa.

No segundo tempo a prioridade dos dous equipos foi a seguridade defensiva, pero houbo un par de ocasións moi claras. Lisandro estrelou un balón no traveseiro da porta de Jesús Ruíz e Manu Vallejo rematou de cabeza na área pequena por riba do marco local. O balón parado foi unha das armas do Racing e Naldo cabeceou desviado noutra boa ocasión, cando xa se superara o minuto oitenta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade